“Luar” celebra o Entroido por todo o alto, nun programa en que todos os participantes van disfrazados e que inclúe un concurso de comparsas. Doce grupos desfilan en directo, acompañados de música, para que o xurado escolla os mellores disfraces. O programa recibe o internacional Carlos Baute, que trae un dous dos seus últimos sinxelos “Ando buscando” e “Amor y dolor”, tema que estreou xunto ao dúo portorriqueño de reggaeton Alexis y Fido. Tamén sobe ao escenario Celia Flores, filla da que fora nena prodixio e icona musical dos anos 60 e 70, Marisol. Interpreta temas que popularizara a súa nai Pepa Flores, como “Chiquitina” ou “Tómbola”. Ademais, os pandeireteiros galegos Radio Cos interpretan o emblemático poema de Rosalía de Castro, “Adiós ríos, adiós fontes”, no día en que se celebra o 180 aniversario da escritora. Tamén actúan a Coral Polifónica Centro Artístico Sportivo, a Requinta de Xián, a agrupación Faltriqueira e a orquestra La Fórmula. En “Recantos”, enfróntanse Christian P