“Luar” recibe a David Civera, un artista con case 20 anos de carreira musical e televisiva. Tres anos despois de “Versión Original”, o cantante turolense volve á carga cun novo traballo musical. O seu décimo terceiro LP estará dispoñible o 18 de novembro e de momento xa lanzou un aperitivo en forma de sinxelo: “No soy un canalla”. O programa que presenta Xosé Ramón Gayoso tamén conta coa presenza do cantautor berciano Amancio Prada, que destaca pola súa contribución á difusión da lingua e da cultura galegas ao longo dunha traxectoria musical de máis de 40 anos, en que musicou poemas de autores senlleiros da literatura galega como Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro, ademais da poesía popular e da lírica trobadoresca galego-portuguesa. Prada actúa en solitario e coa Coral Polifónica Virxe da Barca, coa que este domingo ofrece un concerto no santuario muxián, destinado á posta en valor deste ben patrimonial. Outra das actuacións é a de Terbutalina, un quinteto de garage-punk con vario