Neste Luar que se suma á celebración das Letras Galegas, actúa Miriam Rodríguez, ex-concursante galega de Operación Triunfo, que lanzou o mes pasado en Youtube o vídeo musical do seu primeiro sinxelo 'Hay algo en mí'. Guadi Galego presenta no programa o seu cuarto álbum en solitario, 'Bóla de Cristal', que acaba de publicar hai apenas unha semana. Completa unha triloxía –Lúas de outubro e agosto e O mundo está parado- en que a artista cedeirense pecha un ciclo en que toma conciencia sobre o mundo e sobre como lle gustaría que este fose a través das súas cancións. O gaiteiro asturiano Hevia regresa con novo disco baixo o brazo. 'Al Son del Indianu' xurdiu tras varios anos traballando entre Santo Domingo e A Habana, e nel explora os ritmos que o motivaron a seguir a pegada dos indianos, aqueles asturianos que emigraron a América e os gaiteiros que os acompañaron. Os grupos de baile Fortín da Pomba (A Bandeira) e A Buxaina (Vigo), a orquestra Solara, o Grupu Xeitu, a banda de música de An