Os cantantes Mireia e Javián, coñecidos polo seu paso na primeira edición do concurso “Operación Triunfo” hai quince anos, visitan o “Luar”. Os ex-compoñentes do grupo “Fórmula Abierta” atrévense a interpretar xuntos a canción galega “Xota Delira”. Ademais, cantan os temas cos que se presentaron por separado como candidatos para representar España en Eurovisión. O programa recibe un artista ao que viu nacer, o coruñés Hugo Torreiro, finalista no ano 2011 do concurso de “Recantos”, que agora presenta o seu disco “Vuelvo a las andadas” e que canta “Chove sobre mollado”. Ademais, volve ao escenario de “Luar” o grupo Mocedades, que continúa en activo despois de case medio século de éxitos. Tamén actúan a Orquestra Gran Parada, a Banda de Música de Antas de Ulla, as pandeireteiras Rosalía de Castro, os grupos Os Primordiais e Vellos Ventos e a Agrupación A Ponte Vella. A danza vén da man dos xemelgos de Impact Brothers e o humor póñeno o cómico ourensán Moncho Borrajo e os pallasos do gru