O programa conta coa presenza no escenario do histórico grupo Milladoiro, unha das bandas de música celta máis valoradas internacionalmente, que leva realizando durante 35 anos un longo e incansable labor de recuperación e reivindicación da música tradicional galega. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso tamén recibeeste venres a visita de Los 6 Tenores, unha formación sen ánimo de lucro composta por seis voces solidarias, seis novos tenores con formación musical lírica, cuxa ilusión é continuar coa súa formación vocal, levar a música a aqueles que máis o precisan e facer deste proxecto unha vía para crear entretemento e paixón. A Banda de Música de Ortigueira, unha formación con 150 anos de historia, a cantante e compositora Mari Pepa de Chamberí, a orquestra Tamarindo, o grupo Tahúme e a Dominic Graham School of Irish Dance completan o cartel de actuacións musicais desta noite. Ademais, chega un dos momentos máis agardados da temporada do programa: a gran final do concurso “