A cantante Merche fai un alto na súa xira “Quiero Contarte” para pasar por Luar. Tamén visita o programa Adrián Martín, o neno malagueño  que naceu con hidrocefalia e que revolucionou Internet cun vídeo del xunto a súa irmá interpretando unha canción de Rosario Flores. Outra das artistas é Pili Pampín, que interpreta un popurrí de temas e galegos e a canción “O noso”.  As actuacións musicais da noite complétanse con A Banda de Gaitas de Santa Comba, as pandeireteiras da Casa do Patrón, o Orfeón Alcoa Inespal e o grupo de gaitas Os Trasnos de Doade. Ademais, “Luar recibe a visita da orquestra La Ocaband. Na sección “Leña á Ferreña”, que enfronta dous pandeireteiros para decidir cal é o mellor, participan Héctor González e mais Adriana Felpete, a concursante da pasada semana. O amor ten un oco na sección “Luar de Mel”. O colaborador Pablo Carpinteiro estrea a sección “O Noso Son”, un espazo dedicado ás curiosidades da música e da cultura musical en Galicia. En Recantos, desde as Terra