A cantante sevillana Melody volve a “Luar” con algúns dos temas de éxito do seu amplo repertorio. A banda de indie pop viguesa Eladio y Los Seres Queridos trae o sinxelo "Algún iluminado", do seu último disco “Historias de caza”. A gaiteira Susana Seivane presenta o seu quinto álbum, en que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Ademais, Luar conta coa presenza da cantante Haydée Milanés, herdeira dunha gran tradición musical que vén do seu pai, Pablo Milanés, e con influencias do son e a trova tradicional cubana, os referentes femininos da música pop brasileira e os grandes clásicos do jazz norteamericano. O programa complétase coas actuacións das pandeireteiras Brincadeira, da agrupación Fogo Fatuo, do grupo vigués de danza urbana Galirockers, das formacións tradicionais Varalonga e Leirabuxo, da gaiteira hindú Archy J. e do grupo do País Vasco francés Kalakan. En “Vai de Baile”, actúan as Rosalías de Padrón e os Repichoqueiros de Teixeiro, mentres que en “Recantos” ch