O programa conta coas actuacións de Pili Pampín, que presenta novas cancións, María do Ceo, que  interpreta o fado “O Mar enrola na areia”, e do grupo humorístico e musical Golden Apple Quartet. Como novidade, “Luar” dá a coñecer o grupo Doble H Kidz, formado por 14 nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 9 anos, que acaban de coroarse segundas no Campionato de España de Hip Hop desenvolvido en Barcelona.  Tamén interveñen a Banda de Gaitas de Chantada, a agrupación folclórica Colexiata do Sar,  Chulada da Ponte Velha & Ensemble a Central Folque, o grupo Seitura e a orquestra La Ocaband. En Recantos, compiten Aneu (Ourense Sur) e Ruth (Terras de Santiago).