“Luar” recibe a cantante María del Monte, que interpreta as coplas “Suspiros de mujer”, “Acaricíame” e “No me fue del todo mal”. Tamén ofrece a actuación de Plan Siberia, gañador, por segundo ano consecutivo, do concurso da CRTVG “Este verán canta con nós”, un galardón que sitúa o tema “Chegou o momento”, composto e interpretado polo músico Gabriel Blanco, como a banda sonora da canle pública galega durante toda a temporada estival.  Ademais, actúa da formación Trazantes de Tenorio, que levan máis de 30 anos ao son da gaita e da pandeireta, tratando de recuperar danzas e cantigas antigas e fomentando o interese polo folclore tradicional. Completan o cartel de actuacións a orquestra Superfama, a agrupación Os Catro Ventos e a asociación cultural A Regionalista.“Luar” dá a coñecer o nome do segundo finalista de “Vai de Baile”, que sae do enfrontamento entre os Repichoqueiros de Teixeiro e os Xibreiros de Ames. En canto a “Recantos”, o concurso de talentos musicais celebra a súa primeira