María del Monte acode de novo a Luar. Ademais de cantar “Sevillanas de colores”, “Tú me haces llorar” e o clásico tradicional galego “Camariñas”, sométese a un test de galeguidade. Tamén actúan os divertidos Páramo Picture, coa súa nova versión do “Vente pa’ca” de Ricky Martin, titulado “Vente Empacar”, e “A Bertolina”, un tema que foi todo un éxito nas redes sociais. Outra das actuacións é a do dobre máis reputado de Elvis, Greg Miller, que canta “Viva Las Vegas”. Coma sempre, o “Luar” continúa apoiando as agrupacións tradicionais e bandas de música galegas. Nesta ocasión, coa Banda de Música de Vilatuxe, as Pandeireteiras Maianas e a agrupación musical Os do fuelle. Os ritmos máis actuais ponos a orquestra Principal.  Co inicio deste novo ano, a sección “Leña a ferreña” incorpora un xurado conformado polo músico Polo, o membro de Radio Cos Xurxo Fernández, e a pandeireteira Áurea. Estrean este xurado as concursantes Patricia Sánchez, de Curtis, e María Riesco, de Xunqueira de Espa