María del Monte volve a “Luar” para interpretar dous dos seus temas más coñecidos: “El desamor” e “Cántame”. Ademais, sorpréndenos cantando co presentador, Xosé Ramón Gayoso, “Camariñas”. Tamén regresa ao programa Lys Pardo, filla do cantante Juan Pardo. O cartel de actuacións complétase co Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, as Pandereteiras de Verducido, Xingros Big Band, o bailarín David Veiga e  A.C Os Penediños. No concurso “Recantos”, miden as súas voces Ialma, procedente do Miño, e Christel, representante da comarca Lugo Sur. Ademais, toca despedir catro dos seus participantes na que é a primeira fase eliminatoria.