Manu Tenorio presenta en Luar o seu novo sinxelo “Hoy he vuelto a recordar”. O cantante sevillano empezou no mundo da música con 17 anos e saltou á fama tras a súa participación en Operación Triunfo. Desde entón, Manu Tenorio xa publicou sete álbums. Paloma San Basilio volve ao programa e esta vez interpreta os temas “Solo en ti”, “Luna de miel” e mais “Por ti volaré”. Ademais, o programa conta coas actuación de Carlos “Pichi”, das Supremas de Lugo e da Orquestra Panorama, que interpreta “As feridas da alma”. Unha das novidades desta edición do “Luar” é que os espectadores poden ser testemuñas dun duelo de forzudos. A campioa de España de strongwoman, Eva Fernández, reta a Roberto Rodríguez a baterse nun duelo en que hai dende lavadoras a coches.  A música tradicional chega coas Pandeireteiras de Verducido e a Coral de Ribadeo. Na sección “O noso son”, Pablo Carpinteiro trae as Cantareiras Rosalía de Castro.  Na sección “Leña á Ferreña”, presentada por Pile Alonso, enfróntanse dou