A música e o baile do norte e do sur únense no “Luar”. O programa recibe a visita do cantante e compositor sevillano Manu Tenorio e a Charo Reina, que este ano fixo unha parada na súa carreira folclórica e reinventouse con “Amanecí otra vez”, disco dedicado á música lationamericana. O toque vasco pono a banda folk Korrontzi, que conta con seis álbums publicados ao longo dos seus doce anos nos escenarios, e o grupo de danza Gaztedi Dantzari Taldea, que traballa pola difusión das danzas e o folclore vascas. Ambas formacións soben ao escenario por separado, pero tamén actúan en conxunto acompañados do grupo galego A Regionalista.A lista de actuacións complétase coa Banda de Música da Vertula de Meis, o grupo Pelepau e o cantante e actor Christian Escuredo. Nunha nova fase no concurso “Recantos”, compiten María Vidal, representante da Terra de Ordes, e Charo Martínez, procedente de Vigo.