A cantante, violonchelista e compositora monfortina Rosa Cedrón volve a Luar cun segundo disco: “Nada que perder”. Tamén pasan polo programa Los Vivancos, compañía formada por sete irmáns e considerada o fenómeno escénico-musical dos últimos anos. Os seus espectáculos foron representados nos principais teatros do mundo e o recoñecemento ao seu labor viuse avalado non só pola crítica e o éxito das súas xiras, senón tamén polos numerosos premios recibidos. Ademais, no escenario están a banda galega Igloo, con 12 anos de traxectoria e 6 discos ás súas, costas, recoñecida como un dos referentes do indie nacional, que acaba de presentar o seu novo disco, “Aquellos maravillosos daños”; e Máis Boas cás Patacas, grupo formado por sete alumnas do IES Cacheiras, que co tema “Son muller”, gañador do certame da Deputación da Coruña “Quero Cantar”, reivindican os dereitos e a igualdade para as mulleres. Pero isto non é todo, xa que “Luar” ofrece as actuacións de El Regreso de la Década, que reco