Os catro integrantes da banda acústica Track Dogs inician as propostas musicais dun programa ao que tamén acoden Antonio Romero e Rafael Ruiz, coñecidos artisticamente como Los del Río, . Tras 50 anos de carreira, con 250 discos de ouro e 120 de platino, o dúo presenta o seu último traballo editado, Los del Río Tropical.  A festa está garantida tamén coas actuacións de Leilía, popular grupo galego de seis voces femininas que cantan e tocan música tradicional coa pandeireta, Pandereteiras/os do Tremuzo, Fogo Fatuo, Airiños da Peneda, Mar Davila Grupo, a agrupación A Ponte Vella e a orquestra Fania Blanco Show. O Grup de Danses Repicó e Colla Els Bessóns completa as actuacións musicais da presente edición. Xosé R. Gayoso e María Mera contan, amais, con Laura, Enrique e Jacob, os tres alumnos do colexio SEK Atlántico que tiveron a oportunidade de participar nun programa de cinco días nas instalacións da NASA en Houston.  No apartado do humor, Paco MiVida volve ter o seu oco na presente