O incombustible King África volve a Luar co ritmo latino e frenético de “El Tembleque”. A cubana Lucrecia interpreta en galego “Unha noite na eira do trigo” e unha canción dedicada á coruñesa “María Pita”, incluída nunha serie de temas musicais cos que a artista homenaxea personaxes históricos. As actuacións complétanse coas viguesas Broken Peach, banda de soul&rock que fusiona a música e o espectáculo; co xaponés Koji Koji Moheji, acabado de chegar do Festival de Ortigueira onde actuou como finalista do ‘Proxecto Runas’ e con Marcos Mella, cantautor ferrolán que foi compañeiro de viaxe de artistas coñecidos como Los Secretos, La Unión, Cómplices ou Antonio Vega.  Tamén pasan por Luar a Coral do Carballiño, a agrupación Osorio Gutiérrez de Lourenzá, a orquestra de acordeóns Bieito Blanco, a banda de gaitas O Son do Castro de Borneiro e a Ronda de la Motilleja. Chega a final de ‘Vai de Baile’, entre Repichoqueiros da Malatesta e Foliadeiros de Lorient amosarán.  ‘Recantos’ elixe seg