Karina volve a Luar e interpreta algunhas das súas cancións máis coñecidas con outros artistas.Isabel Vinardell e Isabelle Luadenbach presentan o seu disco “A solas”, un encontro de música e poesía, que contén na súa maioría versións adaptadas ás súas voces e guitarra.  Tamén pasan polo escenario de Luar a Xove Banda de Narón, o grupo de baile e música tradicional Tahúme, Acordeóns de Celanova, a orquestra Fania Blanco Show e o arousán Cristian Silva. As actuacións complétanse co humor de Moncho Borrajo. Tras a intervención de O Pérez, semifinalista na anterior convocatoria de Recantos, coñecemos utras dúas concursantes desta nova temporada: Verónica Fernández, de terras de Compostela, e Cristina Cimadevila, de Pontevedra.  Amais, o programa conta co concurso telefónico e outras seccións, como Sabor a Gloria, con Gloria Mascuñana, e Trucos de Barrio, con Rocío Barrio.