“Luar” recibe en directo a Cristina Pato, a gaiteira ourensá opta a dous galardóns nos Grammy pola súa participación na formación Silk Road Ensemble, candidata ao mellor álbum de “World Music” por “Sing me home” e pola película documental “The music of strangers”, candidata ao mellor filme musical. Tamén actúa Karina, que interpreta temas míticos e que fai un test de galeguidade sobre as tradicións galegas relacionadas co amor. Pasan polo Luar a banda de música de Caldas de Reis co gaiteiro e ex-xurado do programa Suso Vaamonde; as Lagharteiras, unhas rapazas que realizan unha demostración dunha maneira moi típica galega de tocar sachos; o grupo de nenos de Peis D’Hos, que realizan bailes tradicionais; o grupo coruñés Cascarilla, que interpreta “El vagabundo” ; a Orquestra Los Satélites.; o grupo Lubricán, que vén de Huelva e toca diferentes estilos: pop, flamenco, saetas e o mentalista Toni Bright. Ademais, o programa conta coa presenza de Rafael López,  xefe do servicio Oncolóxico d