Irene Caruncho, gañadora dun concurso de talentos musicais, visita esta noite o “Luar”. A cantante comezou a estudar Turismo e coa súa repentina fama deixou a un lado a carreira para dedicarse á súa paixón, a música. Esta noite subirá ao escenario para presentar o seu primeiro disco, “Casa en llamas”. Tamén está no estudio Roberto Rodríguez, que bateu, no programa, o récord mundial de “strongman", unha disciplina en que compiten os homes máis fortes do mundo percorrendo 75 metros cargando 250 quilos en menos de 47,6 segundos. Esta era a marca que tiña o norteamericano Nick Best e que Roberto rebaixou ata os 46,2 segundos. Este vigués é un dos homes máis fortes de España e pode voltear un coche ou mover un camión. O presentador, Xosé Ramon Gayoso, realiza o concurso telefónico dos 5.500 € e conta coa compañía da cantante de copla e flamenco María José Santiago, e do músico Benito Cabrera, que toca o timple, un instrumento de corda típico e orixinario das Canarias. Tamén actúan a Orques