Luar réndelle homenaxe a Manolo Escobar no terceiro aniversario do seu falecemento. A el se lle dedican os seus temas máis clásicos. José Anido dedícalle o tema “Solo te pido” e Miguel Torres faille a homenaxe cun dos seus temas máis cantados nas orquestras galegas: “Madrecita María del Carmen”.   O convidado especial do programa é o cantante dominicano Henry Méndez, un dos artistas que máis soa nas pistas de baile, que canta “Poco a poco” e o seu éxito “Pa que lo bailes”.  O programa tamén recibe a visita de Pili Pampín, da Coral Polifónica de Riveira e da Asociación Folclórica Brincadeira. Na sección “Leña á Ferreña”, presentada por Pile Alonso, que enfronta dous pandeireteiros para decidir cal é o mellor, participan Xavier López e mais Patricia Sánchez. Pero non todo é música, o amor tamén ten un lugar na sección “Luar de Mel”, presentada por María Carballeira.  No concurso “Recantos”, Naty representa o Bierzo co tema “Caravel” e  Leti Varela, chegada desde o sur de Lugo, canta “