O “Luar” homenaxea a Eduardo Pondal cun programa especial dedicado o escritor cando fai cen anos do seu pasamento. Escoitamos o himno galego coa música da Unión Musical de Meaño e, posteriormente, coa voz de Lucía Pérez, a cantante eurovisiva lucense. A solista e interprete de violonchelo Rosa Cedrón recita a “A Fala e Falade Galego”, un poema do escritor. Ademais Francisco e Alba Costa, pai e filla e colaboradores habituais da Fundación Eduardo Pondal, interpretan o poema musicado “Pequena Ponteceso”. Treixadura volve a Luar para tocar “Foliada marmuradora” e “Fisterra”, temas dedicados ao seu compañeiro e fundador do grupo Mingos, recentemente falecido. Nesta edición, resólvese o concurso de pandeireteiros 'Leña á ferreña' entre Adriana Felpete e Margarita Vela. Recantos encamíñase á fase final coas actuacións de Antonio Barros, de Vigo, que canta con “Os ollos da española” e Verónica Cambón, de Terras de Lugo, con “Benvidos”. E coma sempre, o programa conta con diferentes e variad