O dúo de irmáns sevillanos Gemeliers, que arrasa entre o público máis novo, sobe ao escenario do programa da Televisión de Galicia para cantar dous dos seus temas máis actuais, “Gracias” e mais “No hay nadie como tú”, ambos éxitos do seu novo álbum publicado o pasado setembro. Ademais, pasan por Luar o cantautor murciano Diego Martín, que vén de publicar o seu álbum “Con los pies en el cielo”, e o veterano cantante Francisco, que interpreta os seus temas “Valencia mía” e “Granada”.  Tamén actúan a Banda de Música de Ortigueira, as Pandeireteiras de Raiola, a Agrupación Armadanzas e as Pandeireteiras Tremelique.  Pablo Carpintero trae ao albokalari Fede de Dios, un interprete vasco que toca a alboka, unha especie de corno cun son similar ao da gaita. Na sección “Leña á ferreña”, participan Patricia Sánchez e Luís Villanueva. Pero non todo é música, o amor tamén ten un lugar na sección “Luar de mel”, presentada por María Carballeira. Na sección “Trucos de Barrio”, Rocío Barrio dá os me