Luar convida o cantante valenciano Francisco, que interpreta temas coma “Esa niña” e “Torres de Compostela”, ademais de formar parte do xurado de Recantos. Outro convidado é o cantautor ferrolán Marcos Mella, produtor dos seus propios traballos, que foi compañeiro de viaxe de grupos míticos do pop coma Los Secretos, La Unión e Cómplices e  coma Antonio Vega ou Carlos Goñi. Ademais, pasan polo escenario Manolito El Pescador, o grupo Puzzle, a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, o grupo de música tradicional galega Os Melidaos e a formación manchega Camerata Cervantina.“Vai de Baile” chega á gran final, en que se enfrontan os dúos Firmenus Melitonus e Repichoqueiros de Teixeiro. En Recantos, decídese o segundo finalista de “Recantos”, entre María Vidal, representante da comarca Terra de Ordes, e Marc Alonso, procedente de Bergantiños.