Despois de meses dunha rifada competición, por fin chegou a gran final da oitava edición “Recantos”, en que se enfrontan O Chylava, representante da comarca Terras do Eume, e Marc Alonso, de Bergantiños. Para o momento decisivo, O Chylava escolleu interpretar o clásico “Son mineiro”, de Antonio Molina, mentres que Marc Alonso compite con “Xamais”, de Camilo Sesto. Ademais, Luar recibe a visita de Cómplices, o mítico dúo formado por Teo Cardalda e María Monsonís, que xa fixeron 30 anos enriba dos escenarios; Pili Pampín, o gaiteiro Cristian Silva e os artistas coruñeses Hugo Torreiro e Carlos Bau, que presentan o tema “Ai canto che quero”, candidato a converterse na canción do verán en galego, cun estilo que eles definen como galletón, que mestura folk, pop, música tradicional, reggaeton, rumba e cumbia. Outra das actuacións estelares da noite é a da emblemática orquestra El Combo Dominicano, todo un fenómeno de masas, especialmente entre a mocidade galega, que en cada actuación arrastr