Neste programa, “Recantos” despídese coa gran final, que enfronta a Esmeralda, de Ourense Sur, e a Gonzalo Brea, procedente da comarca Noia-Barbanza. Nas actuacións, destaca o cantante venezolano Carlos Baute, un dos artistas chegados da outra beira do Atlántico con máis éxito no noso país. Baute interpreta temas tan coñecidos para o público como “Perdimos el control” e “Amor y dolor”. “Luar” tamén conta coa actuación do cantautor, cantante e compositor Xil Ríos, considerado unha lenda viva da cultura galega. Responsable de numerosos éxitos populares, no seu repertorio figuran algunhas das cancións máis emblemáticas da música galega contemporánea.O espectáculo musical desta noite complétase coa presenza da cantante galega María Chenlo, da agrupación de música tradicional Trébede, da Charanga Támega, do grupo de voces e acordeóns Arosa Bay, do coro marfilés Saint Luc e de Noriko, unha xaponesa afeccionada á pandeireta galega.