En resposta a un chamamento realizado en 'Luar', foron moitas as cartas recibidas, en que os seguidores do programa abriron os seus corazóns para evocar lembranzas, imaxes e emocións que lles produce o recordo do seu familiar.  O coñecido presentador de 'Luar', Xosé R. Gayoso, recuperará neste programa todas estas misivas cos momentos máis especiais, que os seus seres queridos deixaron na memoria e no corazón dos seus familiares, co propósito de alegrar o seu recordo. 'Unha carta para Gayoso' acompañará a lectura destas mensaxes cunha actuación musical escollida en homenaxe a eles.