O programa  ofrece unha edición especial dedicada á Feira do Cocido de Lalín, que este domingo celebra a súa 50ª edición. Ademais é escenario da entrega dos XXIV Premios de Gastronomía de Galicia e do Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico. Estes galardóns recoñecen profesionais e empresas do mundo da gastronomía e mais os mellores traballos de difusión neste ámbito. Todo isto aderezado coas actuacións de Soraya; o cantante, compositor, guitarrista e cantautor cubano Pablo Milanés e a cantante, compositora e guitarrista colombiana Amparo Sandino. Tamén pasan por este especial Las Supremas de Móstoles, Los Satélites, a banda compostelá Ataque Escampe, SondeSeu e os acróbatas italianos Curatola Brothers. As agrupacións musicais de Lalín teñen un protagonismo especial: a escola de danza Scene Ballet, a banda de gaitas Carballo da Manteiga, os Dezas de Moneixas, a charanga Leña Verde e o grupo de baile e música tradicional A Carballeira de Cercio. En “Recantos”, compiten Yes