Luar recibe a visita de El Langui, que canta o tema "Se buscan valientes", co que o artista participa nunha campaña contra o bullying. O presentador, Xosé Ramón Gayoso, entrevista a un grupo de universitarios de Ourense que presentan unha iniciativa contra o acoso escolar, chamada Caso Acoso. A artista galega Rosa Cedrón vén ao Luar a interpretar cancións do seu segundo disco en solitario, “Nada que perder”.  E o cantante coruñés Pablo Balseiro canta “Por las calles del mundo”. A música tradicional galega está representada pola Banda de música de Visantoña, a Agrupación Folclórica O Manexo e ao grupo Lulavai, entre outros. A sección Recantos comeza a súa terceira fase, coa incorporación de Pili Pampín como membro do xurado. A nova temporada do concurso ábrese co enfrontamento entre o grupo As Tatas e Miguel Arias.