“Luar” ofrece as actuacións do rapeiro e actor Juan Manuel Montilla, máis coñecido como El Langui, e do grupo de música de rumba Los Calis. Tamén pasan polo escenario a galega Lucía Pérez, a cantante e bailarina brasileira Regina dos Santos e o grupo Broken Peach, que interpreta desde soul ata rock, pasando polo gospel, o funk e o pop. O cartel musical complétase coa orquestra Poceiro, o grupo de pandeireteiras e de música tradicional Lirolai, a charanga Os do Fuelle, a Tuna de Veteranos da Coruña e a formación portuguesa Bombos de Lavacolhos. No concurso “Recantos”, enfróntanse Borja Fuentes, procedente da Terra Chá, e María Vidal, representante da comarca Terras de Ordes.