El Consorcio volve a Luar para interpretar algúns dos seus éxitos máis aplaudidos. Dous grandes da música tradicional, Xurxo Fernandes, integrante de Radio Cos e investigador etnográfico, e o músico Pedro Lamas, amosan sobre o escenario o proxecto de colaboración musical que desenvolven xuntos.  Coñecemos o cantante e produtor artístico Alfredo Garrido, quen entre as súas variadas calidades vogais cedeulle a súa voz nos anos setenta á dobraxe do popular personaxe de debuxos animados Mazinger Z, ademais de adaptar a música desta serie, entre outras moitas infantís desa época.  Dani Ríos, intérprete ben coñecido polos espectadores grazas ao seu paso polo concurso de promesas da canción “Son de Estrelas”, volve a Luar para interpretar o tema “Mira os meus ollos”. Os sons da terra son protagonistas coas actuacións do Coro Cantigas e Agarimos, de Cantarillegas do Castromao, de Nove Ferreñas e Charanga Vai de Roda e da orquestra Nova Imperial. A música mexicana está representada na intervenc