“Luar” sorpréndenos coa visita do mellor lanzador de coitelos do mundo. Tyron Laner forma, xunto con Mina Pagliero, o Dúo Oblivion, que se dedica ao lanzamento de coitelos. Tamén visita o programa un dos doutores galegos en activo con máis idade, o ourensán José María Vázquez. Con máis de oitenta anos, segue exercendo como médico e forma parte da primeira promoción que traballou con antibióticos. A música chega da man da folclórica Charo Reina, que interpreta “Me llamo Reina” e “Rata de dos patas”, e de Rafael Basurto, a voz do grupo de boleros, Los Panchos, que sobe ao escenario para cantar “Bésame mucho” e “La espinita”. Tamén actúan a Banda de Musica Maestro Lupi, o Grupo de Gaitas e Danzas Vila do Orcellón, o grupo Zoadeira, a Orquestra Gran Casino, a Coral da Asociación Parkinson Vigo e Moncho Borrajo e a colaboradora, Cuqui, cos seus monólogos. A fase final do concurso “Recantos” enfrenta a O Pérez, representando O Miño, e Antonio Barros, de Vigo.