Luar dedica o programa do Día de Reis os máis pequenos e as máis pequenas da casa. Coma sempre, X. R. Gayoso recibe no escenario un nutrido grupo de artistas e agrupacións de música tradicional, pero tamén conta con personaxes de animación coma Xabarín e “Os Bolechas”, que interpretan “Esta é a nosa casa”.  Polo escenario pasa a ex-concursante de Operación Triunfo Gisela, quen desde que abandonara a Academia desenvolveu a súa carreira no eido do teatro musical e é voz de varias das melodías máis populares de Disney e doutros filmes de animación. Interpreta “¡Suéltalo!”, tema de “Frozen, El Reino de Hielo”, e “Aquella estrella de allá”, canción de “Peter Pan 2: Regreso al país de Nunca Jamás”. Outra ex-concursante de Operación Triunfo, Natalia, acode ao Luar e interpreta o seu último sinxelo “No fui una más”, lanzado en 2016. Iker, concursante de “Pequeños Gigantes 2015”, canta “Mi gran noche”, e José María Ruíz, de “La Voz Kids 2”, “Como te mereces”. Completan unha noite dedicada aos