Lucía Pérez, Manuel de Andrade, Tania Fuegho, Vanessa Muelas, Regina dos Santos, Dani Ríos son algúns dos cantantes que soben ao escenario neste programa de Nadal, en que hai tamén panxoliñas e moitas sorpresas. Ademais, Luar conta coas actuacións de The Funkles, grupo galego que fai versións dos Beatles, e Lys Pardo, a filla de Juan Pardo, que comparte con el os seus temas “Yo creo en ti” e “O neno”.  No espazo presentado por Xosé R. Gayoso tamén hai tempo para os grupos tradicionais. A Banda de Música de Campo Lameiro interpreta a panxoliña de Nadal “Jingle Bells”, a Coral Cantigas e Agarimos canta o “Pandeiro de Ribadavia” e A Misela e o Grupo Atlántico interpretan o tema “Gloria da misa criolla”. Na sección “Leña á ferreña”, presentada por Pile Alonso, que enfronta dous pandeireteiros para decidir cal é o mellor, participan Aida Ulloa e Margarita Varela. Pero non todo é música, o amor tamén ten un lugar na sección “Luar de mel” presentada por María Carballeira. Na sección “Trucos