Contamos coa actuación do artista David Parejo, o cantante sevillano que está tomando o relevo dos Gemeliers e Abraham Mateo como ídolo adolescente, que interpretará o seu éxito “Más”. Ademais tamén estará esta noite no escenario o grupo El Consorcio. Nesta ocasión, o conxunto cantará “Donde estás corazón” xunto a Piñeiro, Tania Fuegho e Manuel de Andrade. Durante as máis de tres horas de música e humor, sempre hai un espazo reservado para a música galega. Desta volta, tócalle á Banda de Balbina, un conxunto musical que percorre as festas cos ritmos e a retranca propios do país. Ademais, tamén teremos as actuacións da Banda de Música de Caamaño, da Agrupación Folclórica Rosalía de Castro e de Mercedes Peón. En “Leña á Ferreña”, presentado por Pile Alonso, enfrontaranse María Riesco e Adriana Felpete, dúas concursantes que demostrarán cal é o mellor dándolle a pandeireta. Pero non todo será música, o amor tamén terá un lugar na nova sección “Luar de Mel”, presentada por María Carball