Neste programa dedicado ás avoas, Xosé Ramón Gayoso, os colaboradores e mais os artistas convidados comentan os mellores recordos e vivencias.Un dos convidados é Javi Maneiro, que presenta en primicia  seu segundo álbum en solitario “Furtivos”. O ex-integrante de Heredeiros da Crus escolle a Televisión de Galicia para a primeira posta en escena deste traballo, antes do concerto do sábado na Sala Capitol de Santiago. Tamén con discos recentemente estreados chegan Sito Sedes, quen fora voz da orquestra Los Satélites e agora volve á primeira liña cun álbum de boleros, e o cantante David Civera,  que está a celebrar quince anos de carreira musical.O programa tamén conta coas actuacións de Manolito El Pescador, da Banda de Música A Lira de Ribadavia, da Asociación Cultural Mestre Gacio, do grupo de música tradicional cántabra Ecos de Cantabria ou da orquestra Panama Band.Máis aló da música e do baile, o espectáculo e a maxia seguen no escenario cos números da  compañía de clown 'Os sete mag