“Luar” recibe a visita de Cristina Pato, a gaiteira e pianista ourensá residente en Nova York, que, ao igual que o presentador do programa, Xosé Ramón Gayoso, recibiu o pasado mércores a Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia. Tamén pasan polo programa Los Chichos, o grupo de rumba español formado na actualidade polos irmáns Julio e Emilio González e o fillo deste último. A gaiteira e o trio soben xuntos ao escenario para facer bailar outra das convidadas da noite, a compostelá de 10 anos Hada Moreno Jiménez, coñecida como “La Polvorilla”, considerada unha promesa do baile que fusiona flamenco e gaita. Nesta edición que xira arredor dos anos 40, non falta a música tradicional galega da man da formación de Muros a Banda de Gaitas Ximiela, o coro Seitura e os grupos Faragullas de Teixeiro e Varalonga. Ademais, podemos gozar coa música da formación estradense Plan Siberia, gañadora do concurso “Este verán canta con nós” da CRTVG, o grupo portugués Dança de Ferreiros de Penafiel