O programa inicia a súa temporada 26 con María Mera de copresentadora. Esta noite intervirán a cantante Soraya, que retoma a súa carreira artística repleta de enerxía tras estrearse como nai; a cubana Lucrecia, un exemplo de vitalidade e de ledicia en cada unha das súas actuacións; a agrupación Cantigas e Agarimos, de Compostela; a orquestra Ledicia; o dúo de rapaces que integran La Nota; e o showman galego, Moncho Borrajo co seu humor ácido.