Contamos coa actuación da artista Soraya, ex-concursante de “Operación Triunfo” e convidada habitual das noites do “Luar”. A cantante interpretará os seus éxitos “Sin miedo” e mais “You didn’t do it”. Tamén estará no escenario Camela, o famoso grupo madrileño, precursores do estilo bautizado nos 90 como tecno-rumba que cantará “Te prometo el universo” e o seu éxito “Cuando zarpa el amor”. Tamén teremos as actuacións da rapeira Wöyza e da Orquesta New York. Sempre hai un espazo reservado para a música galega. Desta volta, tócalle á Agrupación Folclórica e Regionalista, á Coral Polifónica de Mera, á Banda de Música de Arzúa e o grupo Fol de Veleno. En “Leña á Ferreña”, o novo concurso do programa presentado por Pile Alonso, enfrontaranse María Riesco e Claudia Menor, dúas concursantes que demostrarán cal é o mellor dándolle a pandeireta. Pero non todo será música, xa que o amor tamén terá un lugar na nova sección “Luar de mel”, presentada por María Carballeira. Esta semana Anita de Ni