Estreamos nova temporada cargada de sorpresas. O “Luar” volve con moita música, humor e con novos colaboradores que acompañarán a Xosé Ramón Gayoso cada semana nun espazo que leva 25 anos apoiando o talento galego. Contamos con dous dos artistas de sona nacional: primeiro será a quenda de Marta Sánchez, a artista de orixe galega que arrastra máis de tres décadas de carreira musical. Por outra parte, tamén subirá ao escenario o cantante Calum que, con só 15 anos, xa se converteu nun ídolo adolescente ao elevar o seu tema “Hey babe” aos primeiros postos das listas de éxitos do panorama musical. Ademais, apostamos polos conxuntos populares galegos coma sempre! Entre outros, achegaranse ao estudio de gravación a Banda de Gaitas de Caldas de Reis para interpretar o pasodobre “Ponteareas”, as Pandereteiras de Soalleira co “Canto, jota e muiñeira de Santa Comba”, a Agrupación Arco da Vella e a Agrupación Carballo da Manteiga. Tania Veiras será a encargada de presentar a nova edición do con