O programa “Luar” despide o mes de setembro coa visita do grupo Los del Río, que encherán de arte o escenario. Tras 50 anos de carreira, con 250 discos de ouro e 120 de platino, Antonio Romero e Rafael Ruiz acoden a “Luar” co seu último disco editado, “Los del Río Tropical”. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Patricia Fernández Santana tamén contará coa presenza da cantante galega de música lixeira Sabela, que conta cunha carreira musical de case 40 anos.  Polo escenario tamén pasarán esta noite a Asociación Folclorica Lembranzas do Tambre, a Escola de Baile Muévete, a formación portuguesa Sobidexe, a Banda de Música de Agolada, o Mariachi Sol de América, a orquestra Los Españoles, a Coral de Tui e o grupo Beyer Boy’s.