O cantante arxentino Alejo Stivel, que foi membro do grupo Tequila, presenta esta noite en “Luar” o seu primeiro disco en solitario, “Yo era un animal”. O programa da noite dos venres da Televisión de Galicia tamén recibirá a Camela, o dúo musical formado por Dioni e Ángeles que animará a bailar a audiencia cun tema novo “Me metí en tu corazón”, extraído do seu novo ábum e outro dos seus temas máis coñecidos “El calor de mi cuerpo”.Tamén subirán ao escenario o grupo de folk galego Treixadura, a cantante de flamenco María José Santiago, o mago Raúl Alegría e a cantante Tania Veiras. Completan o cartel desta noite as actuacións dos asturianos de Xeitu Grupu Tradicional, a Banda de Música Unión Cultura de Campo Lameiro, A.F. Armadanzas de Laraño e a Orquestra Gran Parada.