A representante española en Eurovisión Barei interpreta temas como “Say yay”, co que participou en Eurovisión, e “Who plays the drums”. El Combo Dominicano fai bailar o público con “Aquí se va a bailar” e “Gozando con el Combo”. Tamén actúan o conxunto Coribantes de Buchabade, a Banda de Música Popular de Moaña Airiños do Morrazo, a Agrupación Folclórica Tarambainas Sebastiao Antunes e Cuadrilla, o acordeonista Victor Prieto e o dúo Los Dos Españoles. Yumi Gipsy Band fari que o público mova a cadeira a ritmo de salsa con “Gipsy salsa train”. O humor vén da man de Páramo Pictures, todo un fenómeno de YouTube, que interpretan “Préndeme o boi” e “A bertolina”, versións dos éxitos “Duele el corazón” e “Adrenalina”.   Neste programa, preséntanse os novos concursantes de 'Recantos'.