Andy y Lucas interpretarán temas do seu último álbum, que leva por título “Nueva Vida”. O dúo fai neste traballo unha aposta polos ritmos latinos e o reggaeton, sen esquecer a súa esencia máis flamenca. Tamén estará este venres no escenario de “Luar” o dúo feminino de reguetón K-Narias. Tras éxitos coma “Mujeres” ou “No te vistas que no vas”, as xemelgas volven máis fortes ca nunca co seu novo sinxelo, “Indiferencia”.  Por outro lado, o programa presentado por Xosé Ramón Gayoso e Patricia Fernández Santana recibirá a visita do “ex-triunfito” canario Agoney, que lles presentará aos espectadores galegos o seu primeiro e agardado sinxelo, “Quizás”, unha canción de corte funky coa que o artista amosa todo o seu potencial.