O elenco de actuacións está encabezado polos vigueses Cómplices, dúo formado por Teo Cardalda e María Monsonís, que triunfou nos 90 con temas por todos coñecidos como Es por ti ou Los tejados. Agora, con 14 discos no mercado e un cuarto de século sobre os escenarios, ten nas rúas o álbum ‘Volver a empezar’, en que a estrela é a canción comprometida. O valenciano Francisco é outro dos protagonistas da noite coa súa portentosa voz. Esta é unha edición en que a música da terra, nos seus diferentes estilos, ten un peso destacado. Así Xosé R. Gayoso e María Mera danlle a benvida á agrupación folclórica Brincadeira, á Escola de Música da Limia, ao coro feminino Son Elas, aos cantantes Xoán Rubia e Raúl Rodríguez e á banda de gaitas Zuncurrundullo. Os ritmos contaxiosos da formación de percusión portuguesa Sons do Douro tamén amenizan o programa. Amais, na sección de Recantos compiten Marc Alonso, en representación da comarca de Bergantiños, e Ialma, do Miño. O humor de Moncho Borrajo e os