“Luar” recibe a Chenoa como estrela convidada. A cantante mallorquina segue conseguindo éxitos co seu sétimo álbum de estudio, titulado “Soy humana”, unha escolma de pezas pop sobre o amor, das que non oculta que se inspiran nas súas propias relacións de parella.  O programa tamén contacoa presenza da compositora, vocalista e instrumentista galega Mercedes Peón, que está a presentar o disco “Déixaas”. Sen abandonar as raíces da tradición que a converteron nunha das artistas máis carismáticas do eido musical internacional, o seu novo traballo, dedicado ás mulleres, incorpora unha faceta máis contemporánea e vangardista, inspirada en espazos con sons a partir de gravacións realizadas en estaleiros ferroláns. Outra das artistas convidadas é a cantante de pop flamenco María Parrado, que irrompeu na escena musical cunha forza inusitada. Con só 12 anos gañou un coñecido concurso de talentos e namorou un país enteiro grazas ao seu enorme talento musical e á fantástica voz coa que triunfa actu