“Luar” recibe esta noite a Camela, impulsores da tecnorrumba nos 90. A parella composta por Dionisio Martín e María de los Ángeles Muñoz interpreta “Olé” e “Ya se acabó el tener dueño”. Tamén actúa o dúo feminino de reguetón K-Narias, que acaba de lanzar o disco “Mujeres” para o cal cambiaron a súa imaxe e que trata de reivindicar o poder feminino nun xénero musical tradicionalmente interpretado por homes. A música tradicional chega a través da Banda de Música de Salvaterra de Miño; o proxecto de canto e percusión portugués Adufe e Alguidar ou a Agrupación Lembranzas Galegas. Podemos gozar co humor dos xubilados Ramiro e Venancio e escoitar o grupo Samba, Raúl ou José Manuel Bastos con Karla Lima. No concurso “Recantos”, enfróntanse Diego Vivaldi, de Bergantiños, que compite con “Marcho para a vila” e “O Pérez”, de Miño, con “Volaré”.