O cantante murciano Blas Cantó ofrece un adianto do seu novo disco, que verá a luz esta primavera. Tras o éxito de “In your bed” (que tamén canta no programa) e “Drunk and Irresponsible”, presenta agora “Él no soy yo”, o seu primeiro sinxelo en español, unha canción con influencias pop-folk. O arpista galego Rodrigo Romaní tamén presenta o seu último disco, “Fíos de ouro no ár”, un álbum concibido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes en que a tradición oral da música popular vertebra un produto inconfundiblemente galego. Por Luar pasan dúas cantantes ás que a vocación lles vén de familia: Chayo Mohedano, sobriña de Rocío Jurado, que interpreta o seu último sixelo "A la que venga"; e Celia Flores, filla de Marisol, que canta temas do disco homenaxe que lle dedicou á súa nai: “20 anos de Marisol a Pepa Flores”. A oferta musical do programa complétase coas actuacións da agrupació