Azúcar Moreno, o dúo integrando polas irmás Salazar, Toñi e Encarna, vén ao Luar para  cantar temas como “Mambo tequila” e “No me des guerra”. Serafín Zubiri, actualmente inmerso nun novo proxecto que recupera a música dos 70, interpreta algúns dos seus temas clásicos. Ademais, xunto á Banda de Música Santiago de Arteixo, ofrece unha pequena mostra do seu espectáculo “Recordando a Nino Bravo”. Outra convidada no Luar é a artista de Arzúa MJ Pérez, que, despois de dous álbumes ao vivo debuta no estudio co disco “Casandra”, que supón un xiro na súa carreira, cunha maior variedade de ritmos e estilos e con toques latinos. Ademais, o cantante ribeirense Álex Millet presenta o seu primeiro traballo discográfico, titulado “Experiencias”. Tamén podemos ver Neonymus, o singular proxecto musical de Silberius de Uran, onde fusiona a súa persoal voz cunha entretida combinación de tecnoloxía e instrumentos insólitos. A proposta musical complétase coas actuacións da cantante Sabela, da orquestra