No último programa do ano, Xosé Ramón Gayoso recorda os artistas que pasaron polo programa, así como algúns dos mellores momentos de 2016. Actuacións de solistas de todos os estilos como Carlos Baute, Joselito, Morat, Diana Navarro, Dyango, Luz Casal, Kiko Rivera, Marta Sánchez, Chenoa, Mónica Naranjo, o cativo Adrián Martín ou Falete. Luar na lubre interpreta “Fisterra” coa Coral Ruada e a Banda de Calo actúa con Pili Pampín. María del Monte, pola súa banda, sae ao escenario coa Casa de Andalucía, Azúcar Moreno faino cos Irmáns Diumaró e El Consorcio, co xurado do concurso “Recantos”, composto por Xosé Manuel Piñeiro, Tania Fuegho e Manuel de Andrade. Están así mesmo nesta edición especial de “Luar” Fuxan os ventos, Noriko, Zurzo e Pasenfrón con “Maneo e muiñeira”, e Susana Seivane.A música complétase coas orquestras Olympus, Marbella e a Charleston Big Band. Hai igualmente humor, coas versións musicais cargadas de sorna dos músicos Páramo Pictures e as actuacións de Pepe Viyuela. Os