Máis de quince anos de traxectoria definen o éxito de Andy y Lucas, que regresan a “Luar” cos temas do seu último álbum, publicado o 20 de abril e que leva por título Nueva Vida. O dúo gaditano fai neste traballo unha aposta polos ritmos latinos e o reggaeton, sen esquecer a súa esencia máis flamenca. Outra convidada é Lucía Pérez, que presenta o seu novo traballo Quince Soles, un disco íntegro en galego co que festexa con moitos amigos de profesión os seus tamén 15 anos no mundo da música. Nel, Lucía fai guiños a Ana Kiro, Uxía, Neira Vilas, Rosalía de Castro, o grupo Xocaloma ou Celso Emilio Ferreiro, representados na súa voz. Ás portas de publicar o seu décimo álbum, que levará por nome Indomable, o cántabro Nando Agüeros ofrece, entre outros, o tema “Vento do Norte”, considerado a mellor canción do ano nos primeiros premios musicais Tino Casal. Mentres, Lorena Gómez, que saltou á fama tras o seu paso por Operación Triunfo, interpreta o seu último sinxelo “Vulnerable a ti”.Continúa